O desenvolvemento urbano da cidade de Ferrol vense proxectando nos municipios da Ría desde hai moitas décadas, dando lugar ao crecemento e consolidación de diferentes núcleos urbanos en distinto termos municipais, vencellados entre eles por relacións funcionais cada vez máis articuladas, ata configurar una área urbana recoñecida na planificación urbana e na ordenación territorial de Galicia.

 

O crecemento das últimas décadas veu a configurar un continuo urbano no territorio do Norte da Ría entre os municipios de Ferrol e Narón. Soportado inicialmente no corredor da Estrada de Castela, tivo a súa primeira manifestación en grande escala na construcción do Polígono de A Gándara en territorio de ambos municipios, e foi trabándose progresivamente coa continuidade de distintos tecidos urbanos ata conformar un agregado urbano indiferenciado, aínda que con características propias derivadas da planificación urbanística de cada municipio.

 

O recoñecemento desta realidade nas distintas planificacións locais, comarcais e autonómicas vén reclamando a necesidade de articular unha estratexia para a acción coordinada e compartida por ambos Concellos, dirixida ao desenvolvemento integrado e sustentable do agregado urbano Ferrol-Narón.

FERROL-01 MAS PEQUEÑO

Ría de Ferrol, Cidade 2020 é un proceso impulsado polos Concellos de Ferrol e Narón para xerar un desenvolvemento urbano sostible e integrado no horizonte temporal 2020, mediante un proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, medioambiental, cultural e social. A nova cidade xurdida do proceso de planificación necesariamente terá en conta a singularidade e o feito metropolitano destes dous concellos.

saber máis
07-07_MAGDALENA_RÚA REAL
08_OBLICUA SAN JORGE DONIÑOS-02

O novo Período de Financiamento Europeo 2014-2020 supón unha oportunidade para as Administracións públicas e, por extensión para o conxunto dos cidadáns. Ábrense novas vías de financiamento e as cidades poderán acceder a fondos para consolidar ou poñer en marcha iniciativas que apuntalen o desenvolvemento urbano dos seus territorios.

saber máis

2ª convocatoria

Ferrol e Narón preséntanse á segunda convocatoria para a selección de axudas da Unión Europea (fondos Feder 2014-2020) para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI).

saber máis
post-it-1

 

Déixanos as túas achegas!

Que farías ti para mellorar o desenvolvemento sostible da túa cidade?

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe

Achega de adxunto