Ría de Ferrol. Cidade 2020

Ría de Ferrol, Cidade 2020 é a aposta estratéxica que promoven os Concello de Ferrol e Narón para favorecer o un desenvolvemento urbano sostible e integrado para o período 2014 – 2020, mediante un proceso de participación cidadá, e que busca consolidar os seus esforzos coa captación de fondos europeos, en especial do FEDER.

Para iso, pártese dunha diagnose que permite configurar unha análise integrada do territorio a partires da cal se poden definir as prioridades e obxectivos en canto as actuacións de carácter urbano, de conservación dos espazos verdes e patrimoniais, de definición de dotacións de equipamentos ou de desenvolvemento das infraestruturas entre outras.

O proxecto “Ría de Ferrol, Cidade 2020” debe de servir para actuar sobre novos obxectivos, con vontade de resolver os problemas existentes e ofrecendo propostas alternativas para conseguir uns concellos mellores, tomando como base os conceptos de cidade intelixente, cidade sostible e cidade integradora, que son obxectivos temáticos do desenvolvemento urbano contidos no artigo 7 do FEDER.

Esta construcción supralocal no horizonte de Europa 2020 faise coa participación cidadá, o que permitirá definir liñas de actuación prioritarias para abordar aos retos económicos, ambientais, climáticos, sociais e demográficos aos que están a facer fronte as nosas cidades. Ademais estes retos están interelacionados e o éxito do desenvolvemento urbano só se pode lograr a través dun enfoque integrado, que ademais teña en conta un enfoque supramunicipal para lograr unha maior coherencia nos retos planteados.