Segunda convocatoria

Ferrol e Narón preséntanse á segunda convocatoria para a selección de axudas da Unión Europea (fondos Feder 2014-2020) para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI).

A proposta conxunta elaborada polos dous municipios responde a unha realidade territorial que demandaba unha acción conxunta de Ferrol e Narón. A estratexia afonda, amplía, mellora e optimiza todos os aspectos que xa se presentaron na primeira fase. Nesta ocasión tívose en conta para a súa elaboración tanto o traballo previo realizado no ámbito social e de participación cidadá como as achegas dos/as técnicos/as de ambos os concellos, coñecedores da realidade municipal a través das demandas cidadás.

O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 15 de decembro de 2016 e ambos os municipios aspiran a obter 15 millóns de euros.

Talleres de preparación da EDUSI